viernes, 2 de octubre de 2026

Exames do 3 de outubro en Galicia Tramitación e Auxilio

Con relación aos exames previstos para mañán día 3 de outubro dos corpos de Tramitación procesual e Auxilio xudicial, Orde PCJ/1549/2025, de 22 de decembro, que se celebrarán en Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza remitiunos as instruccións, que resumimos a continuación:

1. Apertura das portas ás 8:45 h
2. Hora de chamamento: 9:00 h
3. Entre as 9:30 h e as 10:00 h, lectura das instrucións particulares e apertura das caixas de exame por parte do Tribunal Delegado
4. A partir das 10:00 h comezará o primeiro exercicio

Non se poderá abandonar a aula durante os primeiros 10 minutos nin durante os 10 últimos minutos de cada exercicio. Ao celebrarse todos os exercicios de forma continuada, se un opositor ou opositora abandona un exercicio non poderá presentarse aos seguintes se sae da aula. Non haberá descanso entre os exercicios ao entenderse as distintas probas como un acto único.
  
CERTIFICADO DE ASISTENCIA. Quen necesite certificado de asistencia para o mesmo día das probas debe comunicarllo aos vixilantes dentro da aula, facilitando o DNI para facer o certificado. O resto de certificados de asistencia colgaranse na web do Ministerio 10 días despois da publicación da lista de aprobados.

É importante que os opositores que asistan ao examen no ámbito territorial de Galicai lean detidamente as instruccións completas.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras