STAJ presentou onte escrito dirixido á DXX solicitando convocatoria de Mesa Sectorial polo que e está pasando no desenvolvemento da
NUMO en Galicia dende xuño nos pobos e dende hai un mes nas cidades. STAJ considera que a estrutura desta
oficina xudicial é a base do mal funcionamento; por iso a división en
novas Areas e división en equipos estruturais débese facer de inmediato.
Con posterioridade á reforma da estrutura, débense modificar as RPT con incremento
de plantilla tendo en conta cada unha das xurisdiccións. Desta forma, se se
modifica a norma das RPT de xeito racional a estrutura, facilitarase a distribución do
traballo, pois estamos a ver que un dos problemas máis graves e que máis se
repite en todas as localidades é o desequilibrio na distribución da carga de
traballo porque non están diseñados na estrutura os equipos estrucutrais dende un inicio, o
que permite movementos arbitrarios dos Directores que non se adecúan á
realidade porque a oficina ten un defecto de base: a estrutura.
Tanto a ESTRUTURA coma o mal deseño das RPT son
o primeiro paso para reconducir esta penosa situación que posteriormente debe
ir da man da modificación dos PROTOCOLOS que dificultan a implementación e consiguen
aumentar o caos organizativo no que estamos inmersos. A isto hai que sumarlle
que as decisións dos/as Letrados/as Directores/as e Xefes/as de Área son as que inciden na mala distribución da carga
de traballo e nas pésimas decisións que se tomaron á hora de repartir o
traballo e organizar os grupos. Por iso a Dirección Xeral de Xustiza debe tomar
o control desta situación e empezar por modificar a estrutura creando Areas
e/ou equipos de traballo estruturais para favorecer unha armonización nas
decisións dos Servizos Comúns e das Áreas para un mellor e equitativo reparto
no traballo en todas as Áreas en todos os Servizos Comúns.
Estas modificacións deben abordarse con carácter inmediato, por iso STAJ solicitou á DXX:
- Convocatoria urxente de mesa sectorial para abordar a modificación da RESOLUCIÓN de 23 de abril de 2025 (DOG 7 de maio de 2025) pola que se acorda o deseño e a estrutura da oficina xudicial para unha maior división en Áreas estruturais e/ou equipos estruturais. Ao mesmo tempo, débese comezar xa de forma inmediata á ampliación das actuais RPTs e aumentar as plantillas por xurisdiccións e deste xeito partir dunha base ordenada e non arbitraria como a que se está a dar agora e seguirá así se non se toman medidas urxentes.
- Adaptación dos PROTOCOLOS á nova estrutura e contando coa ampliación de plantilla necesaria para seguir prestando un servizo de continuidade á cidadanía que cada día que pasa se ve máis comprometido pola distribución aleatoria de funcións inasumibles. Amornización e control das decisións do LAJ Directores de Servizo Común e do Xefes de Area, para que non se tomen decións no reparto de traballo pouco razoables e que redundan en cargas desiguias e nalgúns casos inasumibles.
- Ante a proposta do Ministerio de xustiza de ampliar en 19 as prazas xudiciais en Galicia, dende STAJ sabemos que hai moitos partidos xudiciais que precisan prazas (Viveiro, Vilagarcía, Ribeira, etc…) pero non é nada que se lle escape á Comisión Mixta do TSXG, que é quen propón a creación das prazas xudiciais no territorio galego.
- STAJ solicita á DXX que por cada praza xudicial que se cree, se aumente o persoal en 4 funcionarios/as (1 xestión, 2 tramitación e 1 auxilio).
Accede ao xustificante de presentación
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras