lunes, 9 de febrero de 2026

Convocatoria cursos de prevención de riscos laborais

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2026 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa: empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, traballadores/as designados/as e delegados/as de prevención, empresarios/as que asuman as funcións de prevención e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 10 ao 20 de febreiro de 2026.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Os cursos convocados son os seguintes :



Ver DOG



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras