lunes, 9 de febrero de 2026

Subdirector IMELGA, subdirección territorial (A Coruña): posto de libre designación

Hoxe publícase no DOG e no BOE a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca, para a provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

O posto de traballo que se convoca poderá ser solicitado por persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de Medicina forense. 

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e o posto a que aspiran, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.

Ver DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras