Saíu publicada no DOG a ORDE do 17 de xaneiro de 2025 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2025.
Con respecto aos funcionarios da Administración de Xustiza, dispón o seguinte:
Cuarta. Contía das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia
1. Conforme o disposto no artigo 25 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, o persoal funcionario dos corpos ao servizo da administración de xustiza que desempeñe as súas funcións no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia percibirá as retribucións que se determinen na Lei de orzamentos xerais do Estado, así como na demais normativa que lle sexa aplicable.
2. No anexo XIX desta orde recóllense as contías das retribucións e dos complementos recoñecidos para o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
3. O persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o complemento adicional da traxectoria profesional previsto nos acordos do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020, do 3 de novembro de 2022 e do 8 de febreiro de 2024, percibirá os importes previstos no anexo XIX bis, en doce pagas de percepción mensual.
O pagamento do complemento recoñecido en virtude do Acordo do 8 de febreiro do 2024, producirase de maneira progresiva en tres anualidades; para o ano 2025, o pagamentoo producirase aplicando unha porcentaxe do 66 %.
4. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren incluídos no anexo XIX, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, coincidirán coas vixentes en 31 de decembro do 2024.
No anexo XIX figuran as contías das retribucións e no anexo XIX bis as contías da traxectoria profesional, actualizadas coa suba do 2,5 por cento correspondente ao ano 2024:
Accede aquí á Orde completa.