martes, 5 de mayo de 2026

Resolución definitiva concurso de traslados en Galicia.

Publícase no dog a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario para prazas vacantes entre persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 27 de outubro de 2025.

Para o persoal funcionario que estea en activo ou en servizos especiais e non reingrese en ningún dos corpos ou escalas a que se refire o presente concurso, non incluíndose nese punto o persoal funcionario que se encontre reingresado provisional, o cesamento deberá efectuarse nas datas que a continuación se indican: tramitación procesual e administrativa, o 8 de maio de 2026, venres; xestión procesual e administrativa e auxilio xudicial, o 12 de maio de 2026, martes.

Aquel persoal funcionario que estea desempeñando un posto de traballo en comisión de servizos non será necesario que se desprace ao órgano xudicial de orixe que teña reservado para formalizar o cesamento e pode realizalo no órgano en que estea a prestar servizos, para o cal as xerencias farán chegar os documentos ao órgano en que o concursante estea desempeñando a comisión. O prazo posesorio que lle corresponde gozar a este persoal contarase tendo en conta a localidade do posto que está a desempeñar efectivamente en comisión, non a do que tivese reservado, e a localidade do obtido no concurso.

A toma de posesión do novo destino obtido por concurso para o persoal funcionario indicado no punto anterior producirase nos tres días hábiles seguintes ao cesamento, se non hai cambio de localidade do persoal funcionario, ou nos oito días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma, e vinte días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será no mes seguinte, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe como se é o de destino. O cesamento e o cómputo dos prazos posesorios produciranse cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que fosen concedidos ás persoas interesadas.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras