jueves, 30 de abril de 2026

Traxectoria profesional: publicación o 4 de maio das solicitudes estimadas e desestimadas

Dende a DXX nos acaban de remitir a seguinte información:

Está previsto que o día 04.05.2026 se publique no DOG a Resolución do 23 de abril de 2026 pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I, do grao II e do grao III da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

 

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galicia (OPAX).

 

O complemento de traxectoria farase efectivo na nómina do mes de maio, incluíndo o aboamento dos atrasos correspondentes.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras