miércoles, 15 de enero de 2025

Egap: Plan de formación para o ano 2025

Hoxe publícase no DOG a resolución do 26 de decembro de 2024 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2025.

O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo), tras unha incorporación gradual que culminou, no ano 2015, coa incorporación deste último colectivo como destinatario das actividades formativas da EGAP.

É preciso destacar que esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente e ao que se estipule en cada convocatoria.

Resta só sinalar que para acceder ás accións formativas recollidas neste plan, será preciso formalizar matrícula, despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.

Formación específica para o persoal ao servizo da Administración
de xustiza de Galicia



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras