jueves, 9 de enero de 2025

Comisións de servizo

No día de hoxe publícase a Resolución da DXX, pola que se convoca provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos  e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.

 Solicitantes: Persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover. O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estean desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de 6 meses na comisión de servizos ou substitución respectiva. Persoal funcionario con destino definitivo en calquera ámbito territorial.

 Prazo de presentación de solicitudes:  5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a  súa solicitude a través do formulario electrónico disponible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza ( OPAX), no sitio web http:// opax.xunta.es de conformidad eco artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.


Ver resolución

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras