Dende
STAJ sempre entendemos que, en materia
de reivindicativa, fan mais presión, e
teñen mais forza, sete sindicatos que tres. Tamén entendemos que esa cláusula de revisión introducida nun
acordo que puxo fin á folga do ano 2018 non é o instrumento adecuado para
reclamar unha suba retributiva no CAT/CE
nestes momentos, xa en que casi tódolos territorios asinaron acordos ou están a
negocialos en base ás refomas profundas que veñen e que van a cambiar as
nosas funcións e as nosas condicións de traballo (Novo diseño das oficinas
xudiciais e Tribunais de Instancia).
Entendemos que a cláusula de revisión asinouse como parte dun todo do acordo da folga, e tamén como garantía para que aquelas cantidades do acordo, que puxo fin a folga do 2018, non fosen quedando desfasadas co paso do tempo. En sí mesma, e fóra de acordo, a cláusula de revisión é un pésimo instrumento para empregalo como medio de subidas retributivas sen negociación previa, porque a Xunta non vai dar cartos a cambio de nada. Para que as subas retributivas sexan asumidas pola Admón, deben ser negociadas e acordadas en base a un intercambio de contraprestacións, xerándose un compromiso a prol dun obxetivo, que exixe un esforzo recíproco que se debe considerar equitativo por ambas partes. Na cláusula de revisión que se lle ofrece á Xunta a cambio? Algué pensa que ían subirnos permanentemente as retribucións sen pedirnos nada?
Por
suposto que STAJ asumiría como bo calquera aumento do CAT/CE que se produxera
vía clausula de revisión, aínda que non a consideramos adecuada nin pertinente nas
circunstancias actuais, e nos inclinásemos dende o principio pola negociación
directa como noutros territorios.
Pois
neste contexto, e aínda que apenas transcendeu nada, o xoves pasado, os tres
sindicatos que activaron voluntariamente a cláusula de revisión (deixándonos a
4 organizacións fora de xogo), tiveron unha nova reunión coa Xunta, e parece
que a cousa rematou da peor maneira posible. A Xunta esgrimiu que a cláusula de
revisión non debe activarse porque xa cobramos a traxectoria profesional en
Galicia e rexeita calquera suba no CAT/CE.
A
Admón veu a decir agora que as cantidades que cobramos na traxectoria deben
sumarse ao CAT/CE, e con iso xa entende que estaríamos en algúns casos, non en
todos, por riba do sexto posto. Eso chámase trilerismo
político, porque non é certo que á traxectoria se lle deban sumar as cantidades
do CAT/CE para determinar que cantidade cobramos por ese concepto. Traxectoria
e CAT/CE son cousas distintas que se regulan en normas distintas e cada unha
delas precisa distintas condicións e requisitos para cobrarse; de feito
todos/as cobramos unha cantidade do CAT/CE dependendo do corpo ao que pertenecemos, pero non todos/as
cobran traxectoria, nin os que a cobran, cobran a mesma cantidade estando no
mesmo corpo, xa que depende do grao e da anualidade do mesmo.
O único momento no que a cláusula de revisión se activou, foi para o corpo de xestión
no ano 2022 -subíronlle 22 euros- e xa levabamos cobrando a traxectoria dende
xaneiro do 2020 e, se daquela se lle sumasen ao CAT/CE as cantidades que se cobrabran da traxectoria (que parece ser a
excusa que sacan da manga agora para non activala para os tres corpos) non se
lle debía subir nada aos xestores naquel momento. Seguro que tivo que ver moito na negativa
da Xunta o que agora non solo son os
xestores, e tamén que os 22 euros de entón, agora non chegarian para nada. O argumento
da Xunta cae por sí solo.
Dito o anterior, STAJ segue apostando pola unidade sindical total e absoluta, e por exixirlle á Xunta un Acordo retributivo similar aos de outras CCAA, tanto nas cantidades coma nas condicións e contraprestacións, que permita unha suba do CAT/CE pactada e negociada en base ás transformacións inminentes que se agardan, deixando atrás a cláusula de revisión que nestes momentos non é o instrumento oportuno nin adecuado e que parece diseñada para que, unha vez que se pida a súa aplicación, nos divida sindicalmente e nos merme a forza e a capacidade de acción.
Podemos adiantar que neste momento, áinda que houbo tímidos avances, o obxetivo da unidade sindical non se acadou.
Ver nota anterior de STAJ onde apostabamos pola negociación en unidade