Estamos ás portas dunha remodelación profunda da Xustiza que afectará as nosas actuais condicións de traballo, ao diseño da oficina xudicial, e traerá consigo novos sistemas informáticos e aplicacións e con elo novas funcións e tarefas. E este momento, que tardará en repetirse, na Admón de Xustiza solo pasa cada 20 ou mais anos, é o propicio e debemos aproveitalo para conseguir unha suba retributiva, por eso gran parte dos territorios con competencias transferidas así como o persoal do Ministerio de Xustiza xa se puxeron ao día negociando e acordando subas retributivas no Complemento Autonómico Transitorio (CAT) ou Complememto Específico (CE), para os corpos xerais e especiais.
Non só eles,
lembremos que tanto o corpo de Letrados como o persoal de xudicatura e o
persoal do Ministerio Fiscal, xa están ao día en canto a subas retributivas se
refire para encarar a vindeira e profunda reforma da Xustiza que se espera en
principio para o vindeiro ano.
Os gobernos de todos esos territorios onde houbo acordos foron conscientes e proclives a
necesidade dunha mellora retributiva, porque saben que a implantación do novo sistema que se pretende instaurar necesita da colaboración dos funcionarios/as para chegar a bo porto, e isto mesmo tamén o saben na Xunta de
Galicia. Non desperdiciemos a oportunidade.
En Galicia, como
instrumento relacionado coa suba retributiva no CAT/CE pactada no ano 2018 por
tres sindicatos dentro do acordo que rematou coa folga, e que non está vinculada
coa remodelación da oficina xudicial, nin coa instauración dos Tribunais de Instancia, nin nada que teña que ver cos cambios que veñen, e que cremos se debe deixar de lado nun momento como actual, está a cláusula de revisión (que nos debe devolver, que non manter, no posto sexto, un tempo despois de perdido ese posto, dentor dos 13
territorios que teñen competencias en Xustiza). Desde STAJ sempre entendemos que o sexto posto nunca
debería ser o teito, debería ser o chan. O pasado martes houbo unha reunión para tratar a activación da clausula de revisión a petición sindical e polo que trancendueu, á espera doutra reunión, a cantidades coas que traballan uns ( 3 sindicatos) e outros (Xunta de Galicia) distan moito entre sí.
Con estas premisas en mente e vendo as cantidades que os compañeiros doutras
CCAA están a lograr nos seus respectivos territorios, nós defendemos dous
eixos.
O primeiro e máis importante é a unidade sindical. As CC.AA que pactaron subidas, e outras que o farán proximamente, ao final non vai quedar ningún territorio sen pacto de suba retributiva, fixérono co apoio de todas as forzas sindicais, que é ao noso parecer a única maneira de logralo, e sen necesidade de conflito, a Admón está a entender en tódolos casos a obriga dunha suba retributiva fundamentada nos cambios que se aproximan. Por iso, a unidade sindical debe ir acompañada da solicitude dunha mesa sectorial de retribucións onde se trate o tema das retribucións con tódalas forzas sindicais. Constatado que neste intre esa unidade sindical non é posible, xa que algúns están a ver si a Xunta lles leva para a próxima reunión unha cantidade que poida ser defendible, e outros esperan, intentado evitar riscos, que a cantidade que leve a Xunta sexa pequena e logo , quizás di, para dar un paso adiante.
En segundo lugar, está a cuestión da
contía a subir. O aumento do CAT/CE nos distintos territorios cerrouse con subidas nas que se acordan contías considerables en moitos casos, e debemos aspirar alcanzar esas contías tamén en Galicia (publicaremos en breve os datos concretos en base aos acordos asinados). Por iso, e á
vista do que ocorre no noso contorno, entendemos que as cantidades que temos que exixir débense posicionar nos niveles medio-altos das sumas mais grandes que se levan acordadas.
Queremos facer mención a que Comunidades Autónomas con traxectoria
profesional ou similar están tamén na actualidade negociando a súa
subida do CAT/CE, por iso xa adiantamos
que a traxectoria profesional non pode ser un obstáculo ou un argumento que
lastre a negociación salarial vinculada ás funcións que de facto realizamos,
as novas funcións que se nos van a encomendar e aos cambios drásticos que nos
van a afectar, e que os demais territorios tiveron a ben recoñecer cunha maior retribución.
Por suposto, que toda suba que se obteña utilizando o instrumento que sexa, será sempre benvida, pero para que esa suba sexa xusta, se debe ter en conta o papel fundamental dos funcionarios/as na Admón de Xustiza, incentivando o maior esforzo que vai supor adaptarse aos cambios, buscando sempre conseguir contías similares ás CCAA que máis incrementan, incluindo na negociación os efectos sobre as nosas condicións de traballo e sobre os nosos derietos que as leis e a normativa que se dictará no seu desenrolo cambiarán para sempre.
Por todo, dende STAJ seguiremos traballando pola unidade sindical, co gallo de solicitar e negociar unha suba retributiva similar a de outros territorios, e baseada nos cambios que se aveciñan e que nos van a afectar a todos/as, á marxe da cláusula de revisión, e instar á Xunta de Galicia á celebración dunha mesa de retribucións para que entre todos/as poidamos lograr un acordo de suba do CAT/CE o máis xusto e equitativo posibe, que recoñeza aos funcionarios e funcionarias de Galicia, e ao seu traballo, como pilares fundamentais da Administración de Xustiza.