Publicouse a resolución da DXX pola que se adxudican postos de traballo do proceso de reasignación forzosa dentro da reorganización que se realiza con motivo da implantación da fase I da Lei Orgánica 1/2025.
A toma de posesión terá lugar o 1.07.2025, data de entrada en funcionamento das novas unidades da fase I.
A adscrición ao posto de traballo adxudicado terá carácter obrigatorio e definitivo. O persoal funcionario afectado por unha reasignación forzosa estará exento da obrigación de permanencia mínima no posto de traballo sinalada no artigo 46.1 do Real Decreto 1451/2005, do 7 de decembro , gozando de preferencia para obter un posto de traballo no seu centro de destino de orixe no primeiro concurso de postos xenéricos en que se oferten prazas no dito centro.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras