miércoles, 18 de junio de 2025

Mesa sectorial Xustiza. Negociación Tribunais de Instancia de cidades


Onte celebrouse mesa sectorial para a negociación entre as organizacións sindicais e a DXX a implatanción dos Tribunais de Instancia nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

A orde do día era a seguinte:

1.  Aprobación da acta da sesión anterior.

2.  Propostas de RPT da Fase III.

3.  Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.

4.  Proposta de bases do proceso de concurso específico

5.  Rogos e preguntas.



Dende STAJ insistimos en que é imposible dotar de forma equilibrada ningún servizo co único dato obxectivo que nos facilita a DXX: entrada de execucións no ano 2023 e 2024); e ante esta dixuntiva dende STAJ apostamos por que  esta idea de rpt a cegas teña o menor impacto posible no voso traballo, porque se vai ser positivo ou non, non o imos saber ata que pase o tempo (esto evitaríase se puideramos traballar con datos obxectivos). 

O Director Xeral informou de que aos seis meses da implantación (en xuño ou setembro do ano que vén) hai que revisar todo. Cousa na que coincidimos, pero que seguro que se podía evitar se xa empezaramos con toda a información encima da mesa e intentando facer unas RPT con solución de continuidade. 

As alegacións xerais de STAJ aos modelos de RPT propostos ata agora son: 

- Creación de equipos estructurais en todas as cidades por orde xurisdiccional. Un equipo de familia, outro de mercantil, un social e outro contencioso-administrativo. Esto diferencia os centros de destino e evita a movilidade arbitraria. Ante a solicitude que se fixo noutras mesas; xa se crearon equipos en Ferrol e en Vigo e Coruña. Cousa que se valora positivamente.

-Definición das funcions dos postos de xefaturas: son moi xenéricas na Orde de estrutura e pedimos máis concreción nas funcións destes postos.

-Clarificación das funcións dentro dos novos servizos dos Tribunais de instancia. 

-Eliminación de postos de libre designación

-Equiparación dos complementos específicos das xefaturas de area e de equipo aos de Coordinador de fiscalía 1 e coordinador de fiscalía 2.

-Solicitamos que se manteñan todas as prazas que se van a amortizar nas localidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.


- En canto á reorganización

Solicitamos que prime o criterio da voluntariedade para evitar posibles situacións inxustas. A DXX négase en banda a establecer este criterio. A idea é confirmar á maior cantidade de xente nos seus postos. 

O Director Xeral quere pechar  a negociación sobre as Rpts  este mes e só admite alegacións ás dotacións e á reorganización de efectivos.

Quedamos convocados para unha mesa de traballo o vindeiro luns para solucionar dúbidas sobre a reorganización do persoal. Calquera dúbida que vos xurda con respecto a este tema, consultádellas ao voso/a delegado/a de STAJ da vosa localidade. 


- En rogos e preguntas a DXX manifestou que pasará a proposta das bases para o concurso específico para as prazas singularizadas.

Respecto ao solicitado por STAJ para os xulgados de Carballo, que o dispensador de auga instalarase para a semana que ven.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras