martes, 17 de octubre de 2023

Xinzo de Limia: o reforzo de novo na corda frouxa


STAJ volve a presentar escrito solicitando o mantemento do reforzo nomeado para Xinzo de Limia ata que non se dote a praza de forma definitiva. E o terceiro escrito que presentamos alertando da situación deste Xulgado (escrito solicitando nomeamento de reforzo, escrito solicitando prórroga do reforzo).  


Hoxe volvemos a ter coñecemento da intención da Dirección Xeral de non prorrogar o reforzo nomeado para Xinzo de Limia a pesar de non cambiar nada a situación, é máis, se cabe é peor polos cambios na dirección do órgano así como cambios na plantilla que, sumado á carga de traballo, que por suposto non para de incrementarse. 

A plantilla que está a traballar en Xinzo volver ver como a espada de damocles está cada dous meses enrriba deles de novo ante a posibilidade de que non ser renove o reforzo nomeado e tan necesario.

Por iso, acabamos de presentar outro escrito solicitando a prórroga do reforzo nomeado ata que non se dote a praza de forma definitiva neste Xulgado.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras