jueves, 18 de noviembre de 2021

Xinzo de Limia: STAJ solicita a creación dunha praza e nomeamento urxente de reforzo

Acabamos de presentar escrito ante a Dirección
Xeral de Xustiza e ante o TSXG denunciando a situación que está atravesando o Xulgado de Xinzo de Limia e solicitando a creación dunha praza (xestión ou tramitación) así como o nomeamento dun reforzo mentres non se cubra por persoal titular.

É un clamor o malestar de todo o persoal funcionario destinado en Xinzo de Limia a carga de traballo que se está a soportar neste órgano xudicial. O CXPX está ao tanto desta situación e viu necesaria a ampliación de persoal con reforzo para poder asumir esta sobrecarga.

Dende STAJ imos máis alá. Hai un evidente agravio comparativo con xulgados con menor poboación que contan con un funcionario máis na plantilla e que aínda así non levantan cabeza coa carga de traballo que están soportando, tal é o caso do partido xudicial de Ribadavia, que  conta con unha poboación de 16.065 habitantes e o xulgado está dotado con unha axustada plantilla de 7 funcionarios/as. Pois ben, o partido xudicial de Xinzo de Limia ten unha poboación de 19.068 persoas, e o xulgado está dotado con unha inaceptable plantilla de 6 funcionarios, de ahí que o atasco sexa endémico. A taxa de conxestión e o aumento de litixiosidade pódense constatar nas estadísticas xudiciais (con especial referencia ao número de exhortos ingresados no ano 2020).

Dende este sindicato solicitamos que se cree unha praza para este Xulgado  do corpo de xestión ou tramitación  e se nomee con carácter urxente unha persoa de reforzo do corpo de xestión ou tramitación procesual e administrativa mentres non se dota a praza co procedemento de cobertura para titulares


Solicitude

Xustificante de presentación

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras