STAJ acaba de remitir escrito á Dirección Xeral de Xustiza instando a que prorroguen sen demora o reforzo nomeado para o Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Xinzo de Limia ante a situación de colapso que vén sufrindo este órgano dende hai anos.
Esta petición coincide coa xa solicitada pola titular do Xulgado, que é sabedora da cantidade de escritos e asuntos pendientes que arrastra este órgano; situación que vén engrosándose dende hai anos e fai que non se poida prescindir agora dun reforzo que tardou moito en nomearse e está máis que acreditada a súa necesidade continuada no tempo.
Este sindicato xa advertiu da situación na que se encontraba o Xulgado de Xinzo no ano 2021, no que solicitabamos a creación dunha praza por considerar que este Xulgado está infradotado (ver escrito presentado), e sendo este nomeamento de reforzo a única medida adoptada pola Dirección Xeral, solicitamos que se manteña antes de que a situación sexa irrevesible.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras