O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que se encadre nas seguintes categorías:
• Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
• Grupos I e II do persoal laboral.
No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, das universidades do Sistema universitario de Galicia e da Administración de xustiza.
Modalidade e datas: o curso desenvolverase na modalidade mixta, con sesións presenciais, de telepresenza e de teleformación, desde o mércores 20 de setembro ata o martes 19 de decembro de 2023.
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 14 de setembro de 2023.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras