O vindeiro
martes día 20 de xuño celébranse as eleccións sindicais na Administración de
Xustiza en Galicia, importantes para determinar a representación das
organización sindicais de cara as Mesas Sectoriais de Negociación, tanto a
nivel autonómico como nacional, que son os foros onde se tratan e se deciden as
nosas condicións de traballo, os nosos dereitos laborais e as nosas retribucións.
Este ano a importancia e maior ao seguir aberto o conflito co
Ministerio de Xustiza, por iso que unha maior participación nas eleccións supón
un apoio as reivindicacións, as mobilizacións e unha forza extra aos sindicatos que estamos a
loitar contra a inxustiza e a humillación a que nos someten dende Madrid,
ademáis de darlle unha mensaxe clara á Administración de unión entre o
colectivo e os seus representantes. Por iso
que elixades a opción que elixades ide a votar, nunca foi tan importante como
neste momento a participación e o apoio aos vosos representantes.
STAJ ao ser un sindicato especifico e só de Xustiza, e non estar federado nin asociado con ningún sindicato, só poderá estar nas Mesas de Negociación polos resultados electorais. Na Mesa do Ministerio STAJ o único sindicato que se non tivera un bo resulatado electoral deixaria de estar presente nese foro, os demáis ao ser máis representativos na Administración Xeral do Estado ( CSIF-CCOO-UGT) teñan os votos que teñen seguirán formando parte desa Mesa, e o mesmo pasa cos mais representativos nivel autonómico (CIG e ELA) que con unha decena de delgados en todo o estado están na Mesa do Ministerio, a Lei está feita para que os grandes sindicatos, obteñen o resultados que obteñan na eleccións, esten en tódalas Mesas de Negocación Sectoriais.
Dende STAJ cremos determinante para este
colectivo que haxa nesas Mesas un sindicato independente e forte, sen
subvencións, sin ataduras políticas e
cuxos integrantes, dende o Secretario Xeral ao delegado mais recente, son
funcionarios de Xustiza, que defenden os vosos dereitos e só os vosos, o
que evita que poidan darse interferencias internas doutros sectores da
Administración ou da empresa privada da mesma organización, e no caso de
conflito de intereses dentro dos distintos sectores públicos cun peso interno maior
que a Administración de Xustiza, evítase que o sindicato, ou a súa cúpula, se
poida inclinar por favorecer a un colectivo de empregados públicos en
detrimento doutro ou outros, como sucede moitas veces,
saindo mal parada sempre a Administración de Xustiza, polo menor peso dentro
deses grandes sindicatos .