Desde secretaria do concello, acábannos de informar que a reunión que tíñamos concertada para este luns 19 de xuño queda posposta para outro día, debido a cambios de última hora na axenda do alcalde de Vigo Abel Caballero.
Unha vez xa reunidos coa alcaldesa da Coruña Inés Rey é intención de STAJ reunirse tamén con Abel Caballero e contar así coa axuda dos alcaldes de ambas cidades, co fin de lograr que a Xunta acepte incluír as gardas de 24 horas nos xulgados de instrución de Vigo e A Coruña, xa que se cumpren os requisitos legais para iso.
Desde STAJ seguimos traballando para lograr as xustas reclamacións dos compañeiros de instrución dos xulgados de Vigo e A Coruña.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras