lunes, 19 de junio de 2023

EGAP: Plan AUTOFORMACIÓN 2023

No DOG de hoxe publícase a resolución do 9 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

As persoas que desexen participar no programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra: por unha banda poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribírense na zona de matrícula da EGAP. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación que lles ofrecen a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante a obtención dun certificado de equivalencia.

1.-Acceso aos contidos:

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do a partir do 1 de xullo de 2023, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde la inscrición de acceso ata o 28 de decembro de 2023.

Cada persoa determinará libremente o número de actividades nas que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas. 

2.-Probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación:

Solicitudes de participación:

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de xuño de 2023.

2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

Fai click nas imaxes 👇🔽





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras