martes, 8 de noviembre de 2022

PRÓXIMA REUNIÓN DE TRABALLO FORMACIÓN 2023

A  Dirección Xeral de Xustiza  (con carácter previo á próxima convocatoria da mesa de formación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia) convocounos a STAJ e ás distintas organizacións sindicais representadas na mesma a unha reunión de traballo por videoconferencia para analizar a programación da formación continua da EGAP para o ano 2023 do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

A data fixada para a reunión de traballo é o próximo día 10 de novembro ás 12:00 horas.

Seguirémosvos informando.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras