martes, 21 de junio de 2022

STAJ reitera a solicitude de gardas de 24 horas para A Coruña e Vigo.

Os xuices dos xulgados de Instrución de Vigo e A Coruña aproban en xunta sectorial por unanimidade que sexa o  TSJ de Galicia o que de forma inmediata solicite á Xunta  a dotación  orzamentaria necesaria para a implantación do sistema de 24 horas nos respectivos partidos xudiciais.

 A situación actual, en principio é distinta que a do ano 2011.  Cóntase co informe favorable do  CGPJ, quen recoñece que melloraría o servizo que se ofrece á cidadanía,  da Sala de Goberno do  TSJ de Galicia,  así como a dotación económica de Ministerio de Xustiza, a cal foi incluída nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022.

 A iniciativa conta desde hai anos co apoio unánime de todos os colectivos implicados na Administración de Xustiza. A tendencia cada vez mais á alza dos índices de criminalidade, fundamentalmente furtos e estafas, os delitos relacionados coa violencia de xénero, todo iso fai imprescindible o cambio do servizo de garda o cal garantiría mais eficacia e axilidade, permitindo que a resposta xudicial se ofrecésese desde o preciso momento en que se formulase a petición.

 A implantación do mesmo melloraría a imaxe das dúas localidades, calquera cidadán podería comparecer nas dependencias xudiciais e ser atendido a calquera hora prestando así tamén un servizo esencial a eses miles de turistas que cada ano visítannos e que nalgúns casos son vítimas de delitos.

 Aínda que no ano 2011 as cidades de Vigo A Coruña e Córdoba iniciaron este camiño, no ano 2019 xa se implantara  en Córdoba o cal non pasa en Galicia.

A falta dunha Consellería de  Xustiza consciente das vantaxes que pode reportar esa inmediatez para o cidadán, a posibilidade de poder formular unha denuncia a calquera hora, a vontade política; quizais sexa o que nos diferencia con Córdoba.

 Por todo iso desde  STAJ solicitamos á  DXX  e ao novo Conselleiro de Presidencia  Xustiza e Deportes,  que dispoña o necesario para facer efectiva a dotación orzamentaria que permita a implantación do servizo de garda de 24 horas en Vigo e A Coruña, e acabar coa discriminación  que vimos sufrindo con respecto a outras localidades que co mesmo número de xulgados de instrución, poboación  e estatística veñen gozando do devandito servizo hai varios anos. En definitiva A Coruña e Vigo necesitan dispoñer un servizo moderno, áxil , eficaz que garanta a inmediatez na resposta xudicial e  que respecte a tutela dos dereitos fundamentais e garantías procesuais.

Escrito presentado na DXX


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras