viernes, 8 de abril de 2022

Convocatoria Comisións de Servizo Imelga

No día de hoxe publícase a Resolución do 8 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo no IMELGA.

As persoas interesadas, deberán presentar unha instancia axustada ao modelo que se xunta como Anexo II a esta resolución.

Prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo).

En tanto non se habiliten a presentación a través da OPAX, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, conforme o modelo que se inclúe como Anexo II. Para a remisión de dita solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) está dispoñible o modelo de solicitude xenérica co código PR004A, e para a súa presentación poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Resolución Comisións Servizo

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras