VOLTAMOS A SOLICITAR POR ESCRITO A ELABORACIÓN DUN PROTOCOLO FRONTE AO ACOSO LABORAL NEGOCIADO COS SINDICATOS, TENDO COMO BASE O PROTOCOLO APROBADO POLO MINISTERIO DE XUSTIZA ASÍ COMO O BORRADOR ELABORADO POR STAJ E REMITIDO A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA NO ANO 2017.
Xa en 2016 a Secretaria de Estado de Justicia aprobou un Protocolo
especifico frente o acoso laboral na Admón de Justicia, este Protocolo cuio
ámbito territorial limitase ó xestionado polo Ministerio de Justicia, está
baseado no Protocolo vixente na Administración Xeral do Estado, no que se
introducen modificacións para adaptalo ás especialidades da nosa
Administración.
Os colectivos de Xuices, Fiscais e Letrados da Administración de Xustiza xa contan cun protocolo destas caracteristicas, e o mesmo pasa nos distintos colectivos de traballadores da Xunta de Galicia, solo as funcionarios dos Cropos Xerais da Adminsitración de Xustiza en Galicia non temos esta ferramenta tan necesaria, pois non se nos pode aplicar directamente ningún dos anteriores polas nosas circunstancias, que se da tamén nos nosos superiores, de dependencia de Administracións distintas que require un procedemento especifico coordinado e singular.
Tal como xa anunciaramos, STAJ solicitou en multitude de ocasións á Dirección Xeral o inicio urxente da negociación cos Sindicatos para chegar a un acordo que plasme un Protocolo para Administración de Xustiza en Galicia, que teña en conta as especialidades desta Administración, donde Xuices, Letrados da Admón de Xustiza e Fiscais non pertencen a mesma Administración ca nós, e donde estén involucrados os órganos competentes da Ministerio, do Consello Xeral do Poder Xudicial e da Xunta de Galicia.
Xa en 2017 STAJ elaborou un borrador de protocolo de acoso que lle enviamos a Dirección Xeral, co gallo de que servise de base para unha negociación e posterior acordo entre a Administracion e os Sindicatos presentes na Mesa Sectorial e no Comité de Seguridade e Saude Laboral, e aínda que se nos dixo que se tería en conta, nada se fixo.
Temos que valorar que aínda que o acoso pode darse entre iguais, e de subordinados fronte a superiores, o normal é que se produza dos superiores fronte a subordinados, e non temos un instrumento que garantice unha colaboracion estreita entre as distintas Administracións competentes en base a un procedemento axeitado para a averigación e castigo de este tipo de conductas.
Tamén consideramos importante que se definan e se relacionen aquelas conductas que se consideran acoso, e aquelas outras que sendo similares non pasan do recollido na normativa como falta disciplinaria.
Con este instrumento, o que se pretende é a erradicación daqueles comportamentos que proveñan de calquera persoa que conforma o contorno laboral dos traballadores/as da Administración de Xustiza e cuia finalidade é minar a enteireza física e moral da persoa contra da cal van dirixidos. Unha situación de acoso laboral é por desgraza, duradeira no tempo e poder “probala” é tamén moi complicado para quen a padece.
Por todo iso, faise imprescindible que se aprobe un protocolo contra o
acoso laboral que corrixa e poña fín a calquera situación que implique a mais
mínima expresión de violencia psicoloxica de “alguén contra alguén” dentro da Aministración de Xustiza de Galicia.
A través dun protocolo, permítese levar a cabo, unha investigación obxectiva e imparcial e totalmente exhaustiva, daqueles comportamentos que a vítima denuncia como constitutivos de acoso e que realmente serian moi difíciles de realizar e probar e que pode rematar na apertura dun procedemento disciplinario ou xudicial fronte ao acosador.