No DOG de hoxe publícase a resolución do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.
-Convócase un curso de linguaxe xurídica galega nivel medio e un superior na modalidade de teleformación.
-O número de prazas de cada curso será de 25.
-Os cursos impartirase segundo se indican a continuación:
-Os cursos van dirixidos a maxistrados/as, xuíces, fiscais, secretarios/as xudiciais, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que, na data desta resolución, se atopen en situación de servizo activo (incluído permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
-O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 17 de febreiro de 2022.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras