lunes, 7 de febrero de 2022

Cursos Linguaxe Xurídica Galega para persoal de Xustiza

No DOG de hoxe publícase a resolución do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

-O número de prazas por curso será de 25.

-Os cursos impartiranse segundo se indica a continuación:

Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia


-Os cursos van dirixidos aos empregados públicos e ás empregadas públicas destinados/as nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario galego, que se atopen en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou do proxenitor distinto da nai biolóxica por nacemento, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar).

-O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 17 de febreiro de 2022.

Ligazón DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras