Deixávosmos as propostas de Formación
do STAJ para a convocatoria da Comisión de formación que terá
lugar o vindeiro luns día 8 de novembro as
10:30 horas mediante videoconferencia para planificar as actividades
formativas que se desenvolverán durante o ano 2022:
-Toda formación
debe de realizarse de forma que o funcionario/a non vexan
como estas actividades afectan á conciliación da vida familiar, debendo
realizarse en todo o seu contido en horario laboral.
-Solicitamos cursos de contido referido ao
réxime disciplinario e ao acoso laboral, sobre as reformas procesuais que se
vaian producindo en tódolos órdenes xurisdicionais, debendo, cando haxa
tempo, impartirse con carácter previo a súa entrada en vigor. Mantemento dos
cursos que se impartan de xeito telemático, que deben aumentar en número de
edicións e as prazas por edición.
-Grazas
ás reiteradas peticións formuladas por parte do STAJ, inclúense na oferta
formativa para o 2022 o curso Novo Modelo de Rexistro Civil dá Lei 20/11.
Aplicación práctica.
- É necesaria
a formación presencial do persoal interino que non traballase en
Galicia, e do persoal titular que veñen nos concursos de traslado doutros
territorios que non utilizan Minerva, tamén no caso de cambio de
xurisdicción ou no cambio dun xulgado á Fiscalía ou viceversa. Por
iso, demandamos un titor/a presencial en cada un dos órganos nos
que haxa un compañeiro/a que cambiou de destino ou un novo interino/a, sendo
ese titor/a do propio xulgado, e tendo que ser remunerado como
xa se fixera noutras ocasións.
- Débense ofertar, ben a
través da EGAP, ben por medio doutros operadores cursos ON-LINE de
preparación dos temarios e dos exercicios dirixidos a superar as probas da
oposición para a promoción interna e a quenda libre de forma totalmente
gratuita.
- Os cursos de linguaxe xurídico e
linguaxe administrativo galego deberán de ofertarse tanto a
funcionarios destinados na comunidade autónoma como aos funcionarios destinados
fóra dela, debendo ampliarse o número de edicións, e o número de prazas nos
mesmos.
-Hai que destacar que grazas a STAJ os
cursos de idiomas ofértanse a día de
hoxe aos funcionarios de xustiza, petición reiterada hai anos por nós, aínda
que segue sendo unha oferta insuficiente
para toda a Administración pública de Galicia, e por iso solicitamos unha vez
máis que deben ofertarse cursos de idiomas, (inglés, francés,
portugués, alemán e lingua de signos), pero específicos para Xustiza.
Ademais
por parte do STAJ solicitamos:
-Cursos específicos para o
persoal que destinado nos servizos comúns de notificacións e embargos (A
problemática de practica de dilixencias xudiciais en lugares pechados, lugares
da administración e en lugares privados de uso público, Límites de acceso para
a práctica de notificacións e no seu caso identificación de persoas en
domicilios e outros lugares suxeitos a autorización, Concepto de domicilio como
morada suxeito á protección constitucional).
-Curso sobre A ocupación civil (Reforma
LEC 5/2018): diferenzas entre a ocupación, o alugueiro e o precario.
-Curso práctico de
primeiros auxilios (Uso de desfibriladores, Simulacros contra incendios).
-A oferta formativa de medicina forense debe ampliarse. Con respecto aos cursos ofertados a médicos forenses, en concreto a “morte homicida” ou calquera outro ofertado a esta categoría profesional, STAJ propón que se inclúa unha variable máis acorde coa realidade polo escaso número de integrantes deste corpo. Ao haber 64 médicos forenses no IMELGA, o cálculo de taxa de demanda dun curso ofertado a este grupo debería facerse en relación ao número total de integrantes porque, coas variables actuais de oferta e demanda, calquera curso de forenses sería candidato á exclusión polas causas explicadas anteriormente. Como exemplo sirva, o curso "a morte homicida": se hai 30 prazas, e o piden 18, a taxa real de demanda desta categoria profesional sería do 28,1%, dato que pon de manifesto o interese real no curso ofertado, e non o 0,6% actual, que sería candidato á súa eliminación para convocatorias posteriores. STAJ solicita que se manteña calquera curso ofertado a médicos forenses sempre que o pida alomenos o 5% do número total de integrantes.