viernes, 5 de septiembre de 2025

Traxectoria profesional: STAJ non asume os cambios

O 4 de febreiro deste ano houbo unha mesa sectorial na que no punto 11 se tratou o borrador da traxectoria para o ano 2025 con unha proposta da Dirección Xeral de Xustiza nos seguintes termos:  


- Contemplaba o texto do borrador o abono da traxectoria  en tres porcentaxes: 60% o primeiro ano; 80% o segundo ano e o 100% o terceiro e último ano (rematando o abono no ano 2027 ou 2028, dependendo do caso).

Outra cousa que se regulaba no borrador de febreiro eran as horas de cursos necesarios para os accesos aos graos: 40 horas para o Grao I; 40 horas máis para o Grao II  (total 80 horas) e 40 horas máis para o Grao III (total 120 horas).

Pois ben, hoxe remite un borrador inaceptable para STAJ  nestes puntos:


- Aumentan e eternizan aínda máis o periodo de cobro de 3 a 4 anos: 20% o primeiro ano; 40% o segundo ano; 66% o terceiro ano ata chegar ao 100% o cuarto ano (en 2028 o 2029 dependendo do caso).

- Aumentan as horas de formación no Grao III a 100 horas máis. No anterior borrador chegaban con 40 horas máis e agora aumentan 100 horas, esixindo 180 horas en total para o acceso ao Grao III, cando no anterior borrador eran suficientes con 120 horas. 

Estes cambios son realizados pola DXX unilateralmente,  e xa nos adiantamos ao razoamento que esgrimirá o martes de  "en función pública se hizo así" e nós non somos función pública ou non o somos para o que lle parece á DXX. 

Lembramos que nos orzamentos deste ano xa había unha partida destinada á Traxectoria Profesional de Xustiza que contemplaba un pago a tres anos, tr´tase dunha partida que estaba comprometida para este fin, e con este borrador pretenden aforrar os cartos destinados á Traxectoria de xustiza para o 2025.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras