lunes, 8 de septiembre de 2025

EGAP: curso superior de protección de datos (grupos A1 e A2)

Hoxe convócase no DOG o Curso superior en protección de datos para o Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, das universidades do Sistema universitario de Galicia e da Administración de xustiza.

Modalidade e datas: o curso desenvolverase na modalidade mixta  con sesións presenciais (só a sesión inaugural), de telepresenza e de teleformación, desde o mércores 24 de setembro ata o martes 16 de decembro de 2025.

Duración: 118 horas lectivas

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 15 de setembro de 2025.

Poderá obterse calquera outra información a través do correo electrónico novas.egap@xunta.gal ou, desde as 9.00 ata as 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 41 e 981 54 63 42.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras