miércoles, 10 de septiembre de 2025

Convocatoria probas certificado ComDix

No Dog de hoxe, publícase a resolución do 27 de agosto de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel Iniciación.

As probas desenvolveranse os días 29, 30 e 31 de outubro de 2025. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.

Ver DOG 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras