Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña.
Postos a ofertar:
Corpo de Xestión procesual e administrativa
Corpo de Tramitación procesual e administrativa.
Presentación de solicitudes e documentación
O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.
Fases
Primeira fase: de comprobación e valoración dos méritos xerais.
Segunda fase: de valoración de aptitudes concretas a través de coñecementos, experiencia, titulacións académicas e aqueloutros elementos que garantan a adecuación da persoa aspirante para o desempeño do posto, excluídos os valorados na primeira fase. A valoración dos méritos específicos deberase efectuar mediante a puntuación obtida tras aplicar a media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da Comisión de Valoración, e deberán desbotarse, para estes efectos, a máxima e a mínima concedidas ou, se for o caso, unha das que aparezan repetidas como tales.
Resolución do concurso
Este concurso deberá ser resolto no prazo máximo de seis meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co previsto no artigo 51.3 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza; e a resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, motivarase de acordo co previsto no artigo 51.4 do citado regulamento
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras