O
ideal é regular o termostato entre os
19º C e os 21º C dado que con temperaturas
inferiores temos frio.
O
Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no traballo dispón dunha serie de
recomendacións entre as que se parte do feito de que as condicións ambientais
dos lugares de traballo non deben constituír unha fonte de incomodidade ou de
molestia para os traballadores e sinala o benestar térmico como un dos
elementos fundamentais para lograr unha contorna de traballo favorable.
Estas
recomendacións básicas e coñecidas por todos provocan risa nos Xulgados e Primeira Instancia e
Instrución de Ponteareas. A calefacción nalgúns dos xulgados non funciona e
noutras apenas quenta. Contra as paredes dalgunhas oficinas atópanse
radiadores eléctricos que con moita
sorte e alegría vanse conseguindo e que
co paso dos anos algúns nin tan sequera dispoñen xa de soporte de apoio dando
así unha sensación de abandono e descoido.
Os difusores de ventilación no teito, de cor brancos cando se instalaron, agora atópanse negros e mugrientos.
Cónstanos
que as obras de instalación da nova calefacción están previstas e presupostas pero primeiro polo Covid, o causante de case todo os males , e despois
polo verán… , co cal a día de
hoxe estamos como en anos anteriores.
Por todo o anterior
desde STAJ solicitamos á Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza que dea as instrucións precisas para
que de forma inmediata procédase á renovación das instalacións de calefacción e
aire acondicionado dos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución sitos en
Ponteareas e que non teñamos que esperar uns cuantos invernos mais para
afrontar as devanditas obras mentres os
funcionarios cada día que pasa vense na obriga de abrigarse mais e mais.