De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por períodos de longa duración.
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles (11,13 e 14 de outubro de 2021).
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme a Resolución da DXX de novas substitucións dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.