En recente visita a Sección 4 da Audiencia Provincial da Coruña, e tras conversas cos funcionarios da mesma, puidemos comprobar que dita Sección excede
actualmente a carga de traballo que pode soportar en función do módulo de
entrada de asuntos establecido pola Orde
JUS/1415/2018, do 28 de decembro, pola que se publica o Acordo entre o
Consello Xeral do Poder Xudicial e o Ministerio de Xustiza para a determinación
do sistema de medición da carga de traballo dos órganos xudiciais.
Este
sindicato tivo coñecemento de que polo Letrado da Administración de Xustiza do
Xulgado procedeuse segundo o acordado no art. 19.2 da ORDE
do 4 de outubro de 2018
formulando a correspondente petición de persoal de reforzo a través do OPAX presentando un plan de actuación con
indicación dos obxetivos para cubrir e o tempo de duración estimado do reforzó
e ademáis remitiu escrito a DXX en ata 6 outubro de 2021.
No día de hoxe STAJ ven de presentar sendos escritos perante DXX e o TSXG a fin de que solucionen o antes posible este problema.
Asi visto o cariz da situacion, dende STAJ, ESIXIMOS a DXX para que nomee de forma urxente un funcionario do corpo de Tramitación ou de
Xestión para a Seccion 4 da Audiencia Provincial da Coruña para dar resposta ao
aumento de volumen de traballo pola sobrecarga do trámite ordinario da devandita
Sección.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras