Onte remitimos escrito via correo electronico a Amtega e ao CAU de Xustiza propoñendo e solicitando que se designe a un número suficiente persoas expertas que poidan atender e solucionar, en exclusiva e telefónicamente, os problemas derivados das realizacións das videoconferencias nos xulgados de toda Galicia, en especial nos xulgados das vilas que non contan con persoal experto in situ.
Dende fai tempo estanse a sufrir cada vez máis problemas cos equipos de videoconferencia cos que contan os xulgados de Galicia, o que provoca grandes retrasos e incluso suspensións dos actos xudiciais, sobre todo nos Partidos Xudiciais das Vilas, que non contan con persoal experto na propia sede xudicial.
Moitas veces son problemas de tipo técnico, outros de certa incompatibilidade cos equipos de outras comunidades autónomas e as veces o problema radica na falta de preparación e formación suficiente do persoal que manexa estes equipos, persoal que pon todo o seu empeño para que salga ben, pero non ten axuda in situ para solventar as dificultades e contratempos que, a miudo, lles surxen de improviso.
Temos que pensar que nunha videoconferencia hai moita xente involucrada e citada para a ocasión, polo que se debería facer todo o posible para que se realice en forma e con garantías suficientes para que teña comezo e remate na hora prevista e cos menores problemas posibles. En todos os xulgados implicados, o normal e que interveñan xuíz, fiscal, abogados, procuradores e interesados (investigados, demandante, demandado, testimunñas, peritos, perxudicados, vítimas, etc.) persoas todas que están afectadas e vinculadas á realización con éxito da videoconferencia, non parecendo razoable que se realice este acto xudicial con retrasos de horas, como sucede a miúdo, ou teña que suspenderse para outro día por problemas, moitos deles evitables ou que se poderían solucionar de inmediato, si se contase no instante con persoas expertas no funcionamento dos equipos como no desenrolo de todo proceso.
Conscientes de que resulta imposible dispor dunha persoa experta en cada sede xudicial, sí consideramos que se pode contar a nivel autonómico, cun número de persoas suficientes que se asignen, exclusiva e diariamente, a solucionar telefónicamente os problemas que se deriven das videoconferencias realizadas nos xulgados galegos, sobre todo nas Vilas, que axuden e instrúan aos funcionarios/as que manipulan os equipos, dende o comenzo dos preparativos e ata o remate da videoconferencia e resolva os problemas técnicos que se poidan producir durante a mesma.
Na actualidade, cando surxe un problema os funcionarios/as deben chamar e poñerse en contacto con CAU de Xustiza, onde moitas veces, entendemos que por falta de persoal suficiente, se tarda en darlle solución clara ao problema plantexado, retrasándose, deste xeito, en exceso o comenzo ou o remate da videoconferencia.
Por eso pensamos que o mellor sería contar con varias persoas en exclusiva para esta labor, recomendándolles aos xulgados a comunicación previa ao CAU do día e hora das videoconferencias acordadas, e estas persoas estarían pendente dos problemas surxidos con antelación ao comenzó das mesmas e durante a sua realización.