martes, 23 de febrero de 2021

STAJ INFORMA. Publicado CORRECCIÓN DE ERROS na resolución definitiva do concurso de traslado

Publicado no DOG do día de hoxe CORRECCIÓN DE ERROS da Resolución do 11 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión, de tramitación e de auxilio xudicial da Administración de xustiza

Advertido erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 34, do 19 de febreiro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

 

Na páxina 10785, no punto noveno, onde di:

 

«Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados en que non se atope aloxamento na localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados, amplíaselles o prazo de cesamento e de toma de posesión durante o tempo imprescindible que sexa necesario para solucionar o caso concreto en que se atope a persoa afectada.

Para o efecto, comunicarán a referida circunstancia á xerencia territorial ou ao órgano competente da comunidade autónoma correspondente, achegando a documentación acreditativa da imposibilidade de asistir a tomar posesión no destino adxudicado. Unha vez que finalice a causa da dita imposibilidade, deberán comunicalo tamén á xerencia ou comunidade autónoma, e cesará o día seguinte ao da devandita notificación, contando entón os prazos posesorios establecidos nos puntos sexto e sétimo».


Debe dicir:


«Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados que non atopasen aloxamento na nova localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados amplíaselles o devandito período.

Para iso, unha vez que finalice o prazo de toma de posesión establecido nos puntos sexto e sétimo, se continúan sen atopar aloxamento deberán comunicalo á xerencia ou comunidade autónoma e achegar a documentación xustificativa suficiente, e prorrogaráselles o prazo durante os tres días hábiles seguintes, debendo tomar posesión o cuarto día hábil no seu órgano de destino».


VER DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras