viernes, 15 de enero de 2021

STAJ Noticias: Auxilio xudicial y Modificación do TREBEP

Última hora: Auxilio xudicial:

O Ministerio infórmanos, tal como solicitou o STAJ, que o exame se realizará por provincias, é dicir, sen necesidade de desprazarse, van adaptalo coas CC.AA. e vaise a “provincializar”. Os exercicios serán na provincia de orixe e non onde concorren polo ámbito do proceso selectivo. Os prazos previstos para finais de marzo poden atrasarse ao ter que habilitar coas CC. AA unha localización adecuada.

Modificación TREBEP:

O Ministerio ten previsto convocarnos proximamente para levar a cabo a negociación da modificación do TREBEP (Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público) nos artigos nº 48, 49 e 50, relativos á regulación dos permisos de familiares nos domicilios, etc.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras