Como xa vos informamos en
noticia anterior, este ano a DXX cambiou de criterio forzada pola sentencia
gañada por STAJ e concederá un día adicional por estar de garda o 24 ou o 31 de
decembro inda que as gardas sexan de dispoñibilidade.
Consultadas
nas Delegacións Territoriais, se ben non todas o tiñan claro, noutras infórmannos
de que, a expensas de que se publique instrucción en que dispoña outra forma, a solicitude
faráse seguindo o seguinte itinerario no OPAX:
Licencias Permisos Vacacións
– Alta solicitude – Permisos – Permiso Tipo: Ausencia Posto de Traballo
Na solicitude farase constar
na casilla de “Observacións” que pídese en concepto de estar de Garda o día 24
ou 31 (o día concreto do que se trate)
O periodo de disfrute de
este día adicional será o mesmo que para o resto, en periodo ordinario ata o 31
de xaneiro e en periodo extraordinario ata o 31 de marzo.