martes, 22 de diciembre de 2020

STAJ INFORMA. A DXX accede ao solicitado por STAJ e dotará de máscaras FFP2 aos funcionarios que fan actos de comunicacións fora das sedes xudiciais

Dende a Dirección Xeral de Xustiza envíannos mail co seguinte contido literal, accedendo a unha das peticións realizadas e reiteradas por STAJ dende o inicio da pandemia, tanto por escritos específicos como nas diversas reunións do Comité de Seguridade e Saude Laboral:

 “Por indicación do director xeral, infórmasevos que, de conformidade co sinalado pola avaliación de riscos laborais (risco biolóxico en relación ao COVID-19) revisada polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Xunta de Galicia e remitida aos delegados de prevención o pasado día 03/12/2020, en relación cos traballos de campo (práctica de actos de comunicación e lanzamentos)  realizados polo persoal do corpo de xestión procesual e administrativa e do corpo de auxilio xudicial; vaise proceder ao envío mensual de máscaras FFP2, coa previsión da entrega de 2 máscaras por semana e funcionario, para a realización das ditas tarefas de campo.”

Resulta increíble que se tardase máis de nove meses en adoptar esta decisión e se accedese ao que levamos solicitando de forma reiterada e que era por todos sabido, insistentemente lembrabámosllo aos responsables da Xunta, os compañeiros que realizan os actos de comunicación e lanzamentos son dos máis vulnerables o dos que máis necesidade tiñan deste tipo de mascaras ao realizar a sua labor nun ambiente que se lles escapa ao seu control e de risco máximo.

Entendemos que a dotación de mascaras FFP2 vai dirixida non só para os funcionarios con destino nos SCAC, senón para todos os compañeiros que fan notificacións fora das sedes xudiciais, incluido aos funcionarios do corpo de Auxilio das vilas con xulgados mixtos ou dos xulgados de paz, que sen ter destino nos SCAC,  tamén fan as mesmas labores fora das sedes xudiciais, correndo exactamente os mesmos perigos e polo tanto tendo as mesmas necesidades de máscaras FFP2. 

Non imos negar que isto é un avance, pero non é suficiente e seguimos lembrando e esperando a que accedan ao resto de peticións efectuadas que no mesmo sentido fixéronse para os funcionarios do corpo de auxilios que por mor do seu traballo visitan varios xulgados ao longo da súa xornada, o mesmo asisten as salas de vistas co deambular constante de ciudadans coa exposición que isto implica; ou os funcioanarios con destino nos IMELGAS e Rexistros Civis que están en contacto constante e directo co público

Polo que seguimos reiterando as nosas peticions de mascarillas FFP2 para todos estos compañeiros, que é unha obriga para a DXX, e que esperamos que dado este primer paso non tarde en facer o mesmo nestes outros destinos mencionados.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras