STAJ reitera a solicitude de instalación de equipos
de videoconferencia situados en dependencia distinta ás salas de vistas, dado
que ao compartir espazo con elas prodúcense constantes suspensións a fin de ceder
o seu uso para a celebración de vistas orais.
Especiamente aquelas sedes con dous ou tres órganos xudiciais que dispoñen únicamente dun só equipo de videoconferencia para todos, e que sempre está instalado nunha das salas de vistas, ou na sala de vistas compartida por máis dun xulgado, limitándose, deste xeito, a posibilidade de utilización do mesmo , ao quedar supeditado o seu uso ás sinalizacións na devandita sala para celebración de vistas. E aquí está o gran problema, nas vilas máis pequenas, xa que de xeito habitual o funcionario encargado da práctica da videoconferencia atópase con que a sala de vistas videodixitalizada xa está ocupada con sinalamentos de vistas e non pode ser usada para outro fin.
Por todo o exposto, dende STAJ reiteramos novamente a solicitude de que se instalen mais equipos de videoconferencia nos órganos de partidos xudiciais que conten con dous, tres e catro xulgados, e nos que só existen equipos de videoconferencia nunha só das súas salas de vistas, evitando desta forma a suspensión continua ao non estar supeditados á disposición da única sala que dispón de equipo. Do mesmo xeito que reiteramos a habilitación de dependencias para a instalación de equipos de videoconferencia nos partidos xudiciais de dous xulgados que só contan cunha sala de vistas para ambos órganos.