martes, 3 de noviembre de 2020

STAJ INFORMA: A DXX require de novo meritos para a traxectoria profesional.

A DXX está mandando requerimentos por carta para que oporten criterios de avaliación (méritos) a compañeiros/as que non os aportaron xunto coa solicitude electrónica, pois  a propia aplicación lle comunicaba que cumprian os requisitos e que solo debían asinar e mandar a solictude.

Agora a Adminsitración deuse conta  que ou ben non tiña todo o que decía ter e que  constaba no expediente electrónico de cada un, ou ben tiña títulos ou diplomas de cursos duplicados, e polo tanto estas persoas, que están recibindo ou van a recibir este requerimento, non teñen acreditado o numero de horas (40) de formación minimas esixibles e pidenlles que no prazo de 10 dias lle aporten os xustificantes (copia de diplomas ou certificados de aproveitamento) dos mesmos.

A DXX manifesta que como se trata du requerimento con prazo non se pode enviar por correo electrónico nin por fax e só se pode remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e se conserve o xustificante de envio.

Deixamos modelo de escrito de aportación de méritos para que o podades utilizar aqueles que  vos atopedes no caso descrito e vos chegue o requerimento.

Descargar modelo de escrito de aportación de méritos


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras