Deixámosvos a contestación da DXX sobre a climatización das sedes xudiciais exixida por STAJ:
"Ante as solicitude recibida por STAJ en relación coa situación da climatización en distintas sedes xudiciais, así como respecto da adopción de medidas provisionais mentres non se complete unha solución integral, estase realizando un seguimento polos órganos competentes, os cales están analizando distintas alternativas de actuación para paliar, con carácter provisional, as temperaturas elevadas que poidan rexistrarse en determinadas dependencias.
En particular,
estase valorando a viabilidade técnica e material de medidas temporais que
permitan mellorar as condicións térmicas dos espazos afectados, incluída a
posible utilización de equipos portátiles de climatización, tendo en conta as
características de cada inmoble, a configuración das fiestras, a dispoñibilidade
de equipos e as necesidades de instalación ou adaptación que puidesen resultar
necesarias.
No que atinxe ás
actuacións tratadas na reunión do día 9 de xuño, acordouse ir valorando a
situación edificio por edificio, revisando cada caso concreto para determinar
se as actuacións necesarias teñen encaixe en obras de eficiencia previstas ou
en curso, dado que deben cumprirse determinadas condicións técnicas e materiais
para poder executar as solucións que resulten procedentes.
Deste xeito, as
actuacións estanse a desenvolver seguindo criterios técnicos, co obxectivo de
priorizar aquelas sedes, edificios ou dependencias que presenten unha situación
máis sensible. Neste sentido, prevese dotar de aparellos aos espazos nos que,
atendidas as súas circunstancias concretas, resulte máis necesaria unha
actuación provisional.
Somos
conscientes da importancia de garantir unhas condicións axeitadas de traballo e
de previr situacións que poidan afectar ao benestar do persoal destinado nas
sedes xudiciais. Por iso, daráselle prioridade ao seguimento desta incidencia e
á adopción das solucións provisionais que resulten viables mentres se avanza na
mellora das condicións de climatización dos edificios afectados."