Reiteramos á DXX a solicitude de ampliacion do prazo para o disfrute de vacacións e dias asuntos particulares ( moscosos) mais ala do 31 de xaneiro, e propoñemos que sexa, polo menos, o 31 de marzo a data limite para a disfrutar deses dereitos.
Ao día de hoxe a case tódolos compañeiros/as lle quedan moitos dias de vacacións e de asuntos propios por disfrutar, eso unido aos confinamentos perimetrais das 7 grandes cidades e outros concellos e Galicia, que é moi posible que se repitan e se manteñan no tempo, e a posibilidade cada vez mais certa de que haxa un confinamento domiciliario, esta desmotivando ao persoal para pedir o disfrute dos dias que lles quedan, xa que non poden sair da cidade.
Esta situación unida a incertidume pode provocar que durante a segunda quincena de decembro e ao longo do mes da xaneiro todo o mundo, se fose posible, solicite os dias que lles restan, quedando moitos xulgados medio valeiros de persoal, incluso se daría o caso que , por motivo das necesidades de servizo, houbese persoal sen poder disfrutar todos os días dos que dispón.
Para evitar todo eso, pedimos esa prórroga no prazo de disfrute, pois entendemos que beneficia ao servizo, ao non producirse un desbandada nos que faltan ata o 31 de xaneiro e tamén beneficia ao persoal que podería disfrutar do dereito sen urxencias e elixindo os datas que mais lle interesen.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras