Os sindicatos SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO esiximos
a dimisión do Director Xeral de Xustiza ante o caos e o colapso dos xulgados en
Galicia
Os sindicatos SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO, comparecemos de xeito
conxunto o xoves 18 de xuño nunha rolda de prensa para alertar sobre a grave situación
de deterioro e colapso que atravesa a Administración de Xustiza en Galicia
a raíz da implantación dos tribunais de instancia e a aplicación da chamada Lei
de Eficiencia.
A improvisación da Dirección Xeral de Xustiza, a falta de diálogo social e
a ausencia dos medios humanos e materiais necesarios están a provocar un
deterioro sen precedentes do servizo público de Xustiza, con graves
consecuencias tanto para o persoal como para a cidadanía.
Na rolda de prensa expuxemos as seguintes reivindicacións:
1.
Caos organizativo e perda de calidade
O escenario actual é dun absoluto
"caos organizativo" nos centros de traballo:
·
Ordes contraditorias e cambios continuos
nas directrices de traballo.
·
Falta absoluta de coordinación entre a
Dirección Xeral e os representantes do persoal, excluídos de toda negociación.
·
Reorganización caótica do persoal, con
edificios saturados mentres outros permanecen infrautilizados.
·
Desmantelamento de áreas fundamentais,
especialmente as dedicadas á execución das resolucións xudiciais.
2.
Consecuencias graves para o servizo e o persoal
Esta situación xa está a producir consecuencias moi graves:
- Incremento
histórico dos atrasos, con procedementos que poden alongarse ata un 50 %
máis e xuízos sinalados, nalgúns partidos xudiciais, a tres anos vista.
- Sobrecarga
de traballo insostible para o persoal, cun aumento sen precedentes das
baixas por incapacidade temporal.
- Funcionarios
e funcionarias que prolongan diariamente a súa xornada sen ningún tipo de
compensación para intentar sacar adiante o traballo.
- Deterioro da atención á cidadanía e perda da tutela xudicial efectiva.
3.
Esiximos a dimisión do Director Xeral de Xustiza
Os cinco sindicatos sinalamos directamente á Dirección Xeral de Xustiza
como responsable política desta "implantación improvisada" e esiximos
a dimisión inmediata do Director Xeral de Xustiza pola súa incompetencia
e pola súa incapacidade para xestionar esta reforma.
·
A ausencia total de diálogo social.
·
O consentimento de actuacións contrarias
á legalidade, permitindo a realización de funcións que non corresponden aos
corpos afectados, a inaplicación de normativa estatal e a asignación de tarefas
de Violencia sobre a Muller a persoal que carece do código correspondente na
RPT.
4.
As nosas reivindicacións para unha Xustiza Eficiente
Para reverter esta situación, os representantes sindicais esiximos:
1.
Ampliación
real das relacións de postos de traballo (RPT).
2.
Cobertura
inmediata das vacantes e baixas mediante interinos, ou substitucións e nomeamento
urxente de reforzos.
3.
Creación
de equipos de traballo estruturais que garantan a especialización e eviten
rotacións arbitrarias.
4.
Respecto
estrito á legalidade e fin das instrucións que vulneran a normativa vixente.
5.
Implantación
dun sistema informático moderno, operativo e sen incidencias.
6.
Formación
especializada e recuperación dos programas presenciais de formación.
7.
Implantación
efectiva do teletraballo, dereito xa recoñecido legalmente ao persoal da
Administración de Xustiza.
5. En Galicia Lei de Eficiencia ou Lei de
Deficiencia?
En Galicia, a chamada Lei de Eficiencia converteuse nunha auténtica Lei de
Deficiencia:
·
Deficiencia
en recursos humanos.
·
Deficiencia
en medios tecnolóxicos.
·
Deficiencia
organizativa.
·
Deficiencia
en diálogo social.
Por todo iso, os sindicatos SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO exiximos
a dimisión inmediata do Director Xeral de Xustiza. Esta exixencia e a nosa
denuncia foi publicada o mesmo día 18 en diversos medios como RNE,
CADENA SER, ONDA CERO, COPE, FARO DE VIGO E A AXENCIA EUROPA PRESS, entre
outros.
