lunes, 5 de octubre de 2020

Publicación no DOG do acceso extraordinario ao grao 1 da traxectoria profesional

No día de hoxe publicase no DOG o acceso extraordinario ao grao I da traxectoria profesional, no que cabe resaltar:

* Este acordo desenvolve un réxime extraordinario e transitorio de acceso ao grao I da traxectoria profesional, e a conseguinte percepción dun complemento adicional aos conceptos retributivos actualmente existentes, para o persoal funcionario de carreira ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

* Este sistema extraordinario será de aplicación ao persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza en Galicia. Ao persoal funcionario interino seralle de aplicación nos mesmos termos que se establezan para o persoal funcionario interino da Administración xeral da Xunta de Galicia.

*  O grao extraordinario adquírese no corpo ou escala no que se teña a condición de funcionario/a de carreira o día 31 de decembro de 2019.

* Para acceder a este réxime extraordinario de acceso ao grao I do complemento adicional de traxectoria profesional establécense os seguintes criterios de avaliación, dos que soamente será necesario acreditar un deles para este recoñecemento: 

    1. Formacion continuada: por cursos realizados cun minimo de 40 horas, ou por cursos impartidos cun minimo de 10 horas.

   2. Cursos de doutoramento, traballos cientificos, postos de direccion xeral, formar parte de Tribunais Calificadores, excedencias especiais...
A súa acreditacion amosase no DOGA do dia de hoxe.

Os méritos que se pretendan acreditar deberán ter validez igual ou anterior a 31 de decembro de 2019

Os datos que, de ser o caso, consten no sistema informático de xestión de persoal da Administración de xustiza en Galicia aparecerán precargados no formulario electrónico de solicitude. No caso de non apareza precargado ningún criterio xeral de avaliación dos establecidos no artigo 4, a persoa solicitante poderá acreditalos achegando a documentación xustificativa que se establece no punto 2 deste artigo no momento da presentación da solicitude.

*  O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dipoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es.

* Unha vez realizada a identificación na OPAX, o solicitante deberá seleccionar a opción correspondente a «Traxectoria Profesional». O sistema informático informará a persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos de acceso segundo os datos que figuran neste. No caso de que o sistema informe de que non se reúnen os requisitos de acceso, a persoa solicitante poderá acreditar que os cumpre, se é o caso, anexando a oportuna documentación acreditativa á propia solicitude.

*  O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo. Mediante resolución da Dirección Xeral de Xustiza anunciarase no Diario Oficial de Galicia a exposición das resolucións estimatorias e desestimatorias de recoñecemento extraordinario do grao I da traxectoria profesional. O prazo máximo para a resolución das solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I da traxectoria profesional será de 3 meses contado desde a presentación da solicitude. De non ditarse resolución no dito prazo, a solicitude entenderase desestimada. 
 
Data de inicio de presentación de solicitudes: 6 de outubro do 2020.

    Data de finalización de presentación de solicitudes: 27 de outubro do 2020.

 

MOI IMPORTANTE: non basta con gravar a solicitude, hai que asinala e presentala a través da aplicación, cun certificado dixital ou mediante as credenciais de acceso á OPAX. No caso de que cree máis dunha solicitude, só será válida a última presentada.

 




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras