Trala confusión xerada por informacións contradictorias difundidas por algúns sindicatos, o Ministerio aclarou que en canto ao primeiro exercicio, que se compoñía de dúas probas, valórase cada unha das probas segundo a puntuación obtida e a táboa recollida nas bases. Con todo, se non se supera a primeira proba, segundo as bases desas convocatorias a segunda non se corrixía, por tanto non pode valorarse agora nesta convocatoria na fase de méritos.
Esta información foi facilitada polo Ministerio no transcurso da Mesa Sectorial celebrada esta tarde-noite polo que lle pedimos que a faga publica na súa páxina web para coñecemento dos interesados
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras