Onte, segundo vos informamos,
tivo lugar a reunión do Comité de Prevención de Riscos e Saúde laboral,
deixámosvos os puntos máis importantes que se trataron nela:
O director xeral comezou
informándonos que debido á publicación o pasado sábado da Lei 3/2020, as
medidas establecidas como cita previa, atención telefónica, videoconferencias,
teletraballo, etc., seguirán prorrogadas ata o 20 de xuño de 2021 inclusive
como así se establece na devandita Lei.
TELETRABALLO:
Establecerase a súa regulación de forma expresa para cada ámbito ou sector, o
EBEP establecerá soamente as bases e espérase que sexa unha norma con rango de
Lei.
De momento o teletraballo
continúa tal e como está a levarse:
-Non é necesario volver
solicitalo.
-Seguen tendo prioridade as
persoas con algunha patoloxía establecida no protocolo de Covid-19 ou con
conciliación familiar.
-Entre o 30% ou 40% do
persoal do centro de traballo.
-Carácter voluntario.
-Actualmente están 469
funcionarios teletraballando na Administración de Xustiza de Galicia.
VOLTA
AO COLE: Establecerase de maneira xeral desde Función
Pública un permiso para posibles casos nos que non se poida acudir ao centro de
traballo por illamentos e corentenas de menores que poidan afectar directamente
a algún funcionario de xustiza. A día de
hoxe non hai unha regulación establecida e tería que solicitarse a través do
permiso de deber inescusable.
HORARIO: O horario
de inverno comeza hoxe (martes) e é de 7 horas, tal e como se recolle na
Resolución sobre horarios asinada ou día 14/09/2020. Aínda que, pola
configuración do sistema Kronos non se
realizará un control exhaustivo do horario ata o 1 de outubro.
VACACIÓNS
E ASUNTOS PARTICULARES: En función da evolución da pandemia poderíase acordar a extensión do seu disfrute mais ala, pero actualmente o seu goce é ata o 31 de xaneiro de
2021.
REPARTICIÓN
DE EPIS: Entre hoxe e mañá está pendente a chegada
dun novo envío de máscaras aos xulgados.
ÓRGANOS
DE NOVA CREACIÓN: Estímase que o Real Decreto publíquese
aproximadamente dentro de 2 meses.
Publicarase en intranet pola
DXX unha circular informativa sobre a desescalada da Fase 3.
Respecto
ás peticións de STAJ:
-STAJ pregunta ao director xeral sobre os chalecos que se ían a repartir entre os servizos comúns de
notificacións e embargos, sendo contestados que xa están en posesión da DXX
aínda que non se comezou á súa repartición.
-STAJ pon de manifesto que os servizos de prevención das provincias
de Lugo e Ourense trasladan poucas avaliacións de riscos realizadas. E destaca
a tardanza e pouca transparencia na avaliación de riscos pendente do SCNE de
Ourense (infórmasenos que estará dispoñible a partir do próximo martes).
-Dotaranse de mostradores e
pantallas de atención ao público os xulgados da localidade de Carballo.
Petición realizada por STAJ.
-O problema do aire
acondicionado en Caldas: Coméntanos que a peza que estaba pendente de
reposición será reposta nos próximos días.
-STAJ insiste na necesidade de ventilación en todos os edificios
xudiciais e na máxima garantía na substitución e regulación dos filtros de aire
acondicionado nos denominados edificios intelixentes.
-Así mesmo o STAJ empraza ao director xeral de xustiza, como presidente do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, para que emita as ordes oportunas e non se relaxe a entrada nos xulgados sen a oportuna cita previa.