STAJ solicita que se prorrogue
o permiso por deber inexcusable para cuidado de fillo menor ou persoa
dependente a todos aqueles funcionarios que o tiñan concedido con anterioridade
ao día 22 de xuño, sempre que se poida xustificar fidedignamente a
imposibilidade de deixarlos con alguen. Dado que para o persoal da administración
da Xunta de Galicia acábase de dictar un acordó que extende devanditos permisos
ata un mes máis. Non pedimos outra cosa máis co mesmo trato dado que as
posibilidades de contaxio e necesidades de conciliación son as mesmas para
todos.
Deixamos a continuación o texto íntegro do escrito presentado:
"ENRIQUE ARAUJO
MARTINEZ, en calidad de representante do Sindicato de
Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ).
ASUNTO: Prorroga
permiso por deber inexcusable e persoal especialmente sensible
No Decreto 90/2020, do
13 de xuño, da Presidencia da Xunta de Galicia, polo que se declara a
superación da Fase III do plan para a desescalada das medidas extraordinarias
adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID- 19, establece na súa
disposición terceira:
“A superación da fase
III debe levar consigo a adopción, por parte das administracións competentes,
das necesarias medidas de prevención que permitan seguir facendo fronte e
controlando a pandemia, tendo en conta a subsistencia dunha situación de crise
sanitaria…”
No Acordo do Consello
da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, polo que se aproban medidas
adicionais de aplicación á reincorporación dos empregados públicos ao traballo
presencial derivado do estado de alarma contempla unha serie de medidas
adicionais de aplicación á reincorporación dos emmpregaodos públicos ao
traballo presencial das que algunhas rematan o día 28 de xuño.
Recordemos que na
Instrucción da Dirección Xeral de Xustiza sobre a reincorporación do personal
con permiso por deber inescusable ou especialmente sensible extinguiánse o 21
de Xuño,concretamente decía:
“Todo persoal acollido
ao permiso por deber inexcusable previsto na Orde JUS/504/2020 deberá
incorporarse ao seu posto de traballo o día 22 de xuño”
En primer lugar xa non
entendemos por que esta discriminaciòn de unha semana.
Por se iso fose pouco,
no día de hoxe o Sr Director Xeral da Función Pública, para acrecentar se cabe
a discriminación xa existente entre funcionarios da Administración de Xustiza e
o resto da Administración, acorda nunha nova resolución o seguinte:
“ Co obxectivo de
compatibilizar a reincorporación presencial aos postos de traballo coa
conciliación da vida persoal e laboral e a protección ante o risco de contaxio
fronte ao COVID19 Acórdase:
Prorrogar durante un
mes os permisos concedidos ao abeiro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia,
do 12 de xuño de 2020, polo que se aproban medidas adicionais de aplicación á
reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial derivado do
estado de alarma que remataban o dia 28 de xuño.”
Por todo o anterior
desde STAJ pedimos o mesmo trato co resto de funcionarios da Xunta e se lles
prorrogue do mesmo xeito aos funcionarios de Xustiza de Galicia que viñan
disfrutando con anterioridade o 22 de xuño dun permiso por deber inexcusable,
cando xustifiquen fidedignamente
que non poden deixar os menores ou maiores dependentes con persoa algunha, así
como o persoal especialmente sensible, todo elo co gallo de evitar a
discriminación creada dado que as posibilidades de contaxio e necesidades de
conciliación son as mesmas para todos.
En Pontevedra a 26-06-2020.
DIRECCIÓN
XERAL DE XUSTIZA
Rúa
Madrid, 2-4, 2º piso – Fontiñas
15781 Santiago de Compostela.-"
Ver resolución da Xunta de prórroga dos permisos
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras