A DXX notificounos na noite de onte as dúas circulares definitivas referentes aos órganos xudiciais que van continuar coa quenda de mañá/tarde, e a da reincorporación de persoas vulnerables e con permiso por deber inexcusable. Lembramos que, tal e como solicitou STAJ na reunión do venres, o horario segue sendo o mesmo que había: seis horas pola mañá, e catro horas e media pola tarde nos xulgados que fagan quenda de tarde.
Déixase sen efecto o establecemento da quenda de tarde nos inicialmente previstos da provincia de Ourense e Pontevedra, e modificar os Anexos da Coruña e Lugo para incluír só aqueles órganos e servizos que deben continuar coa quenda de tarde, no sentido que a continuación se anexa:
Coruña cidade
REXISTRO CIVIL EXCLUSIVO
Santiago
XDO. INSTRUCIÓN N. 3 (VSM)
XDO. DO SOCIAL N. 1
XDO. DO SOCIAL N. 2
AUD.PROV.SECCIÓN N.6 (civil/penal)
XDO. PRIM. INST. N. 6 (familia)
Lugo cidade
FISCALIA PROVINCIAL
SCNE
Preme aquí para acceder á circular que regula as quendas de mañá e tarde
Permiso por deber inescusable.
Todo o persoal acollido ao permiso por deber inescusable previsto na Orde JUS/504/2020 deberá incorporarse ao seu posto de traballo o 22 de xuño. Unha vez reincorporados e de presentarse un novo permiso por deber inescusable, este será valorado en cada caso concreto, atendendo exclusivamente ás circunstancias extraordinarias debidamente acreditadas
Persoal especialmente sensible.
Daranse por finalizados os permisos concedidos ao persoal que, tendo solicitado a valoración da súa situación de vulnerabilidade ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais, recibira xa o correspondente informe e este clasificase a dita situación como 1 (non precisa nin adaptación nin cambio de posto, permanecendo na súa actividade profesional habitual) e 2 (continuar actividade laboral. Pode realizar tarefas con exposición a persoas sintomáticas con EPIs adecuados) ou 3 (pode continuar actividade laboral sen contacto con persoas sintomáticas. Se hai imposibilidade, pode tramitar PREL ou IT como traballador especialmente sensible sen recomendación de baixa), situacións que lle permiten continuar coa súa actividade laboral observando as medidas de protección, tanto colectivas como individuais previstas. Por outra parte, e polo que respecta á clasificación 4 (precisa cambio de traballo e, de non ser posible, tramitar PREL ou IT como traballador especialmente sensible), estarase ao caso concreto, e á posibilidade ou non de adaptación ou cambio de posto, que de non ser posible implicaría a tramitación da corresponde IT (incapacidade temporal) como traballador especialmente sensible ou PREL (prestación risco embarazo lactación).
Nos casos nos que o informe recomende a baixa médica, a persoa afectada deberá dirixirse ao seu servizo médico de atención primaria aos correspondentes efectos, xustificándoo ante o respectivo servizo de persoal.
Así mesmo, tamén se poderá dar por finalizado o permiso ao persoal que non presentase os informes e/ou datos requiridos polo servizo médico para valorar a súa situación, sempre que non medie causa xustificada, que se deberá acreditar.
Prestación de servizos mediante teletraballo.
O persoal comprendido nos dous apartados anteriores terán preferencia no acceso ao teletraballo cos mesmo requisitos e condicións establecidos pola Resolución do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula a fase 3 do Plan de desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19, para dita modalidade de prestación de servizos.
Preme aquí para acceder á circular
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras