lunes, 22 de junio de 2020

Dereitos electorais dos empregados/as públicos na Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccions convocadas para o próximo dia 12 de xullo de 2020


No día de hoxe sae publicado no DOG a Orde do 8 de xuño de 2020 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 12 de xullo de 2020 polo Decreto 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia.

Polo tanto, nesta Orde adoptanse as medidas oportunas para facilitar o exercicio dos dereitos e deberes dos empregados públicos de Galicia, que de forma resumida é entre outras son:
  1. terán dereito a un permiso retribuido de ata 4 horas libres para exercer o seu dereito ao voto na xornada laboral do dia 12 de xullo.
  2. si tivera previsto que na data da votación non se atopará  na localidade donde lle corresponda exercer o seu dereito de sufraxio, disporá, no seu horario laboral de ata 4 horas libres para formular persoalmente s solicitude de certificación acreditativa da súa inscripción no censo a que se refire o art. 72 da L.O. 5/85 de 19 de xuño, de réxime electoral xeral, así como para a remisión de voto por correo.
  3. O persoal nomeado presidente ou vogal de mesas electorais e os que acrediten a condición de interventor, teñen dereito durante o día da votación, a un permiso retribuido de xornada completa, si lles correspondera traballar ese día das eleccions, e tamén a unha reducción da súa xornada de traballo de 5 horas o día inmediatamente posterior.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras